O Lombo da Antiga é un outeiro veciño de O Castrillón, e como el pertencente á Rede Natura 2000 ZEC Macizo Central.
O Lombo da Antiga é un outeiro veciño de O Castrillón, e como el pertencente á Rede Natura 2000 ZEC Macizo Central.
A contorna do Lombo da Antiga, como o concello de Larouco e toda a comarca de Valdeorras, ten un clima mediterráneo que permite o desenvolvemento de especies típicas destas áreas. Como en toda a zona, as especies vexetais presentes no Lombo da Antiga son propiamente mediterráneas. Así, pódese atopar érbedos (Arbutus unedo), xaras (Cistus ladanifer) e sobreiras (Quercus suber). É moi significativa a ausencia de aciñeiras (Quercus ilex) neste lugar, debido quizais a razóns edafolóxicas. Atopamos tamén romeu (Rosmarinus officinalis), tomiño (Thymus vulgaris) e outros vexetais adaptados aos rigores do clima mediterráneo predominante en Larouco.
En canto á fauna do Lombo da Antiga, podemos atopar réptiles como lagarta colirrubia (Acanthodactylus erythrurus), insectos como araña touro (Macrothele calpeiana) ou carricanta (familia Cicadidae), mamíferos como raposo (Vulpes vulpes) ou xabarín (Sus scrofa) e aves como abellaruco (Merops apiaster), ferreiriño real (Parus major), ferreiriño dos piñeiros (Periparus ater), miñato (Buteo buteo) e ata aguia real (Aquila chrysaetos).
Para chegar ata o Lombo da Antiga podes descargar este track.